Mostrando entradas con la etiqueta Costas_Rial_Estela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Costas_Rial_Estela. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2018

Reflexión final

Ola!

A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concreto o desenvolvemento da materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria.

De forma xeral, podo dicir que as prácticas desta materia foron moi interesantes, xa que nos aportaron coñecementos importante para o noso futuro como docentes: creación de novas actividades, avaliación dos recursos que atopados na web...

Por último e a modo de despedida, espero que vos gustara moito tanto o noso blog como o resultado final do noso proxecto (materializado na web) e que sirva como modelo ou exemplo para os grupos de alumnos e alumnas que veñan despois nosa.

Ata sempre!

miércoles, 9 de mayo de 2018

Reflexión sobre os proxectos expostos

Moi boas tardes!

Onte, martes día oito, cada grupo tivemos que presentar o proxecto no que levamos traballando todo o cuadrimestre. Na nosa exposición empregamos como recurso de apoio a presentación de Drive que subimos nunha das entradas anteriores.

De forma xeral, podo dicir que todas as propostas dos demáis grupos parecéronme moi interesantes, tanto no que se refire ao formato (revista dixital, unha web dixital de recursos en galego...) como en canto á súa temática (diversidade cultural, forma de vida activa, igualdade de xénero...). Ademais, as exposicións foron na súa maioría moi amenas e que cautivaron facilmente a atención das demáis persoas que alí estabamos.

Adeus!

martes, 17 de abril de 2018

Recursos para a aula: Cuadernia

Boas!

Esta semana tivemos que escoller unha das 150 ferramentas gratuitas para crear material educativo que se nos propoñían, que no meu caso é Cuadernia.

Cuadernia é unha ferramenta da Consellería de Educación e Ciencia de Castela-A Mancha que nos permite crear libros dixitais con actividades didácicas e de avaliación para os nenos e nenas.

Non é unha ferramenta moi intuitiva, polo que para min foi imprescindible ver algún dos numerosos tutoriais que podemos atopar por Youtube. Ademáis, otro aspecto negativo de Cuadernia é que non podes gardar os teus progresos e continuar máis tarde ou outro día, polo que é necesario dispoñer de moito tempo para crear o libro.

Aínda así, con dedicación pódense crear libros dixitais moi creativos e engadir nestes actividades de moi diversos tipos como pode ser preguntas tipo test, sopas de letras...

Eu decidín crear un libro dixital sobre as rochas: que son e como se clasifican segundo a súa orixe (magmáticas ou ígneas, sedimentarias e metamórficas). Tamén engadín unha serie de actividades entre as explicacións como preguntas tipo test, de completar os ocos e unha sopa de letras.

Ata a próxima!

sábado, 14 de abril de 2018

Recursos para a aula: Edilim

Ola!

A semana pasada estivemos coñecendo Edilim, unha aplicación que nos permite crear libros interactivos multimedia de forma sinxela e intuitiva. Ainda que á hora de gardar as actividades tivemos moitos problemas. Con esta aplicación tivemos que crear dúas actividades que vos ensino a continuación.

A miña primeira actividade consiste en clasificar unha serie de enerxías segundo sexan enerxías renovables ou enerxías non renovables. Podes acceder á actividade pinchando aquí ou tamén podes resolvela máis abaixo.


E a segunda actividade que creei en Edilim foi unha actividade que consiste en relacionar o nome de cada nutriente coa súa definición ou unha característica deste. Ao igual que a outra actividade, podes realizala pinchando aquí ou máis abaixo.




Adeus!

sábado, 24 de marzo de 2018

Recursos para a aula: HotPotatoes

Ola!

Esta semana estivemos coñecendo HotPotatoes, un sotfware que serve para crear diferentes actividades multimedia.

Ao igual que as miñas compañeiras, eu tamén creei tres exercicios interactivos multimedia con este programa, das que falarei a continuación.

A primeira das actividades que creei foi un JMix. Esta actividade consiste en ordenar unha serie de palabras para formar unha oración, que neste caso é unha definición de enerxía.

A segunda das actividades foi creada coa ferramenta JCross, co que se pode crear un crucigrama. O meu crucigrama é sobre os principais órganos internos que, gracias ás pistas facilitadas, podes ir adiviñando.

E a última das miñas actividades fíxena coa ferramenta JCross. Este exercicio interactivo consiste en completar unha serie de ocos nun texto que trata sobre as diferentes fases do ciclo da auga.

Espero que vos gusten. Ata a próxima semana!

sábado, 17 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Ola!

Na clase desta semana estivemos revisando de novo a ferramenta TIC Educaplay, da que xa falei nunha entrada anterior. Educaplay é un portal de actividades educativas onde podes ver actividades creadas por outros usuarios e tamén crear as túas propias actividades, como fixemos nós.

Á hora de crear, pódese elixir entre unha gran variedade de actividades: adiviñanzas, crucigramas, ditados, sopa de letras, actividades de relacionar, unha ruleta de palabras... A creación de actividades é moi fácil xa que é unha páxina moi intuitiva e no caso de ter algunha dúbida existen vídeos tutoriais para cada unha das actividades.

A primeira destas actividades é un recurso onde o alumnado ten que completar os ocos que faltan no texto con algunha das palabras suxeridas. O texo trata sobre a clasificación das plantas atendendo ao seu talo: herbas, arbustos e árbores.



A segunda das actividades que deseñei é un mosaico sobre os tipos de animais vertebrados e invertebrados, e consiste en relacionar a foto de cada animal co tipo ao que este pertenza (mamíferos, vermes, peixes...).



Por último, o meu terceiro recurso é unha adiviña sobre un cambio do estado da auga, concretamente a ebulición. Como pistas primeiro puxen un audio onde se escoita ferver a auga e despois varias pistas con texto.




Espero que vos gustaran moito. Ata a próxima semana!

jueves, 1 de marzo de 2018

Educaplay

Moi boas!

Esta semana estivemos revisando algunhas ferramentas TIC que posteriormente utilizamos para a elaboración das nosas propias actividades ou recursos audiovisuais.

Unha das ferramentas suxeridas foi Educaplay, unha web que permite crear moitas actividades educativas multimedia: dende crucigramas e sopas de letras ata adiviñanzas e presentacións.

Nesta web foi onde creei o meu Videoquiz sobre a alimentación e a fotosíntese das plantas, que incluiremos nunha das próximas entradas. Esta actividade consiste en engadir unha serie de preguntas ao vídeo de YouTube que ti elixas no momento que desexes. É moi interesante e últil porque é unha forma de saber se o alumnado está a comprender o vídeo, así como se está a prestar atención.

A outra páxina web que empreguei para a elaboración do segundo recurso multimedia foi Canva que, ainda que non está entre as ferramentas suxeridas, considero importante mencionala. As razón polas que escollín esta ferramenta non suxerida foi que é moi fácil de empregar, ten debuxos moi simples pero bonitos (ainda que a maioría son de pago) e porque permite empregar imaxes de rede. Nesta páxina creei o meu cómic sobre os animais vertebrados. 

Que pasedes unha boa fin de semana.
Adeus!

martes, 13 de febrero de 2018

Recursos seleccionados

Boas!

Esta semana como xa dixeron as miñas compañeiras adicámonos a buscar recursos TIC e poideran servirnos para o noso proxecto sobre as ciencias naturais. Despois de consular moitas webs e recursos de diversos tipos, houbo tres que chamaron a miña atención, dos que falarei a continuación.


O primeiro destes recursos TIC (ao que podedes acceder facendo clic aquí) é a atmosfera. Este recurso consiste en facer relacionar o nome de cada capa da atmosfera coa súa representación gráfica. Gustoume moito porque o debuxo é de moi boa calidade, ademais de que engade información como a distancia que estas están con respecto á Terra e algunhas das cousas que podemos atopar en cada capa (un globo aerostático, un satélite...).





O segundo dos recursos, Os planetas do sistema solar, é, como indica o seu nome, sobre os diferentes planetas do sistema solar. O recurso consiste en, en función do nome que apareza na parte superior, facer clic na representación gráfica do planeta correspondente. O que máis me gustou deste recurso é o feito de que os planetas non estean ordenados da forma habitual, que é de menor a maior, senón que están ordenados con respecto á súa distancia ao Sol.




Finalmente o último dos recursos (clic aquí) é sobre a estrutura dunha planta con flor e fruto. Este recurso consiste en arrastrar cada termo e relacionalo con cada unha das partes sinaladas na representación gráfica. En xeral este recurso gustoume moito polo seu debuxo de gran calidade e polo feito de que é un recurso simple pero mediante o cal se poden reforzar os coñecementos xa adquiridos ou incluso aprender novas cousas. Ainda así é verdade que sgue o patrón que seguen a maioría dos xogos sobre as diferentes partes das plantas e incluso reproduce o formato habitual dos libros de texto.





Espero que vos gustaran moito estes recursos TIC.

Ata a semana que ven!

jueves, 1 de febrero de 2018

Revisando recursos

Ola a todos e a todas!

Esta semana estiven revisando todos os materiais sobre o proxecto que estamos a realizar nesta materia.

Como no meu grupo escollemos a elaboración dunha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI), centreime na revisións dos materiais relacionados con esta. Algún exemplo deste material son os manuais para o uso dos diferentes tipos de pizarras que existen ou as diversas formas de usar estas pizarras (para a descrición en grupo dunha foto, como un dicionario visual...).

Tamén revisei unha serie de enlaces a materiais da rede para empregar coa pizarra dixital. Concretamente gustoume moito as actividades que ten o Proxecto Sé para a materia de ciencias naturais: sobre os planetas e o sistema solar, as partes e funcións das plantas... Sen dúbida incorporarei algunha das súas ideas no noso proxecto.

Considero que todo este material vai a ser de gran utilidade á hora de desenvolver o noso proxecto porque dáse información básica sobre o manexo das pizarras, así como exemplos de material que se podería empregar nunha aula de educación primaria.

Que pasedes unha moi boa semana!

martes, 23 de enero de 2018

Expectativas sobre as prácticas

Benvidos e benvidas ao noso blog!

A nosa actividade práctica estará orientada á natureza. Unha das razóns polas que eu elixín este tema é porque as ciencias naturais é un punto moi importante a tratar no currículo da educación primaria. Ademais, é un tema moi versátil á hora de realizar diversos xogos cos nenos e nenas.

As miñas expectativas en canto ás prácticas son positivas xa que o emprego das TIC nas aulas pode motivar ao alumnado a aprender, así como reforzar os coñecementos xa adquiridos dunha forma divertida.

Finalmente un dos meus medos ante esta asignatura e o desenvolvemento das prácticas é que as TIC son un ámbito no que non teño moito coñecemento.

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...