Onte, martes día oito, cada grupo tivemos que presentar o proxecto no que levamos traballando todo o cuadrimestre. Na nosa exposición empregamos como recurso de apoio a presentación de Drive que subimos nunha das entradas anteriores.
De forma xeral, podo dicir que todas as propostas dos demáis grupos parecéronme moi interesantes, tanto no que se refire ao formato (revista dixital, unha web dixital de recursos en galego...) como en canto á súa temática (diversidade cultural, forma de vida activa, igualdade de xénero...). Ademais, as exposicións foron na súa maioría moi amenas e que cautivaron facilmente a atención das demáis persoas que alí estabamos.
Adeus!
AJA
ResponderEliminar