Boas!
Esta semana tivemos que escoller unha das 150 ferramentas gratuitas para crear material educativo que se nos propoñían, que no meu caso é Cuadernia.
Cuadernia é unha ferramenta da Consellería de Educación e Ciencia de Castela-A Mancha que nos permite crear libros dixitais con actividades didácicas e de avaliación para os nenos e nenas.
Non é unha ferramenta moi intuitiva, polo que para min foi imprescindible ver algún dos numerosos tutoriais que podemos atopar por Youtube. Ademáis, otro aspecto negativo de Cuadernia é que non podes gardar os teus progresos e continuar máis tarde ou outro día, polo que é necesario dispoñer de moito tempo para crear o libro.
Aínda así, con dedicación pódense crear libros dixitais moi creativos e engadir nestes actividades de moi diversos tipos como pode ser preguntas tipo test, sopas de letras...
Eu decidín crear un libro dixital sobre as rochas: que son e como se clasifican segundo a súa orixe (magmáticas ou ígneas, sedimentarias e metamórficas). Tamén engadín unha serie de actividades entre as explicacións como preguntas tipo test, de completar os ocos e unha sopa de letras.
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario