Esta semana como xa dixeron as miñas compañeiras adicámonos a buscar recursos TIC e poideran servirnos para o noso proxecto sobre as ciencias naturais. Despois de consular moitas webs e recursos de diversos tipos, houbo tres que chamaron a miña atención, dos que falarei a continuación.
O primeiro destes recursos TIC (ao que podedes acceder facendo clic aquí) é a atmosfera. Este recurso consiste en facer relacionar o nome de cada capa da atmosfera coa súa representación gráfica. Gustoume moito porque o debuxo é de moi boa calidade, ademais de que engade información como a distancia que estas están con respecto á Terra e algunhas das cousas que podemos atopar en cada capa (un globo aerostático, un satélite...).
O segundo dos recursos, Os planetas do sistema solar, é, como indica o seu nome, sobre os diferentes planetas do sistema solar. O recurso consiste en, en función do nome que apareza na parte superior, facer clic na representación gráfica do planeta correspondente. O que máis me gustou deste recurso é o feito de que os planetas non estean ordenados da forma habitual, que é de menor a maior, senón que están ordenados con respecto á súa distancia ao Sol.
Finalmente o último dos recursos (clic aquí) é sobre a estrutura dunha planta con flor e fruto. Este recurso consiste en arrastrar cada termo e relacionalo con cada unha das partes sinaladas na representación gráfica. En xeral este recurso gustoume moito polo seu debuxo de gran calidade e polo feito de que é un recurso simple pero mediante o cal se poden reforzar os coñecementos xa adquiridos ou incluso aprender novas cousas. Ainda así é verdade que sgue o patrón que seguen a maioría dos xogos sobre as diferentes partes das plantas e incluso reproduce o formato habitual dos libros de texto.
Espero que vos gustaran moito estes recursos TIC.
Ata a semana que ven!
No hay comentarios:
Publicar un comentario