sábado, 17 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Ola!

Na clase desta semana estivemos revisando de novo a ferramenta TIC Educaplay, da que xa falei nunha entrada anterior. Educaplay é un portal de actividades educativas onde podes ver actividades creadas por outros usuarios e tamén crear as túas propias actividades, como fixemos nós.

Á hora de crear, pódese elixir entre unha gran variedade de actividades: adiviñanzas, crucigramas, ditados, sopa de letras, actividades de relacionar, unha ruleta de palabras... A creación de actividades é moi fácil xa que é unha páxina moi intuitiva e no caso de ter algunha dúbida existen vídeos tutoriais para cada unha das actividades.

A primeira destas actividades é un recurso onde o alumnado ten que completar os ocos que faltan no texto con algunha das palabras suxeridas. O texo trata sobre a clasificación das plantas atendendo ao seu talo: herbas, arbustos e árbores.



A segunda das actividades que deseñei é un mosaico sobre os tipos de animais vertebrados e invertebrados, e consiste en relacionar a foto de cada animal co tipo ao que este pertenza (mamíferos, vermes, peixes...).



Por último, o meu terceiro recurso é unha adiviña sobre un cambio do estado da auga, concretamente a ebulición. Como pistas primeiro puxen un audio onde se escoita ferver a auga e despois varias pistas con texto.




Espero que vos gustaran moito. Ata a próxima semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...