Ola a todos e a todas!
Esta
semana estiven revisando todos os materiais sobre o proxecto que estamos a
realizar nesta materia.
Como
no meu grupo escollemos a elaboración dunha secuencia didáctica baseada na Pizarra
Dixital Interactiva (PDI), centreime na revisións dos materiais relacionados
con esta. Algún exemplo deste material son os manuais para o uso dos diferentes
tipos de pizarras que existen ou as diversas formas de usar estas pizarras
(para a descrición en grupo dunha foto, como un dicionario visual...).
Tamén revisei unha serie de enlaces a materiais da rede para empregar coa pizarra dixital. Concretamente gustoume moito as actividades que ten o Proxecto Sé para a materia de ciencias naturais: sobre os planetas e o sistema solar, as partes e funcións das plantas... Sen dúbida incorporarei algunha das súas ideas no noso proxecto.

Considero
que todo este material vai a ser de gran utilidade á hora de desenvolver o
noso proxecto porque dáse información básica sobre o manexo das pizarras, así
como exemplos de material que se podería empregar nunha aula de educación
primaria.
Que pasedes unha moi boa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario