viernes, 11 de mayo de 2018

Reflexión final

Ola!

A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concreto o desenvolvemento da materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria.

De forma xeral, podo dicir que as prácticas desta materia foron moi interesantes, xa que nos aportaron coñecementos importante para o noso futuro como docentes: creación de novas actividades, avaliación dos recursos que atopados na web...

Por último e a modo de despedida, espero que vos gustara moito tanto o noso blog como o resultado final do noso proxecto (materializado na web) e que sirva como modelo ou exemplo para os grupos de alumnos e alumnas que veñan despois nosa.

Ata sempre!

jueves, 10 de mayo de 2018

Reflexión final

Boas noites!

Xa estamos rematando o primeiro curso do Grado en Educación Primaria e acércase o verán, e con el os exames. Por iso quero despedirme de todos vos e darvos as grazas por seguirnos. 

No mes de Xaneiro comezamos esta materia de Novas Tecnoloxías a que ao principio lle tiña un pouco de medo, xa que non me defendo moi ben cos programas do ordenador. Pero a medida que ibamos avanzando na materia iba aprendendo a utilizar todos os programas que necesitamos para desenvolver o noso proxecto. Creo que vai ser unha materia que recorde por sempre e que me vai axudar moito para o meu futuro como docente. 

Espero que vos gustara moito o noso blog e todo o que nel publicamos, e que sigades visitando as actividades que nel vos deixamos xunto co noso proxecto final. 

Moitas grazas por seguirnos e ata sempre!!

Reflexión sobre os proxectos expostos

Ola moi boas noites!!

O martes desta semana tivemos as exposicións dos proxectos que levamos preparando durante todo o cuatrimestre. 

Parecéronme toda propostas moi interesante para impartir na Educación primaria ou incluso na educación na casa. Todos traballamos con moito esforzo para dar o mellor de nos na exposición diante dos profesores, ainda que houbo aspectos que se puideron mellorar, como exposición moi longas e con demasiada información.  En xeral, todos os grupos mostramos o mellor de nos diante dos profesores e do resto dos compañeiros e pouco a pouco iremos millorando a nosa destreza para falar ante un público.

Nas entradas que subimos anteriormente podedes ver o noso proxecto final e a presentación que usamos na clase, que esperamos que vos gusten. 

Moitas grazas!



Reflexión final

Isto é unha despedida!

Xa se aproxima o verán, pero antes del están os exames e o remate do curso. Por ese mesmo motivo debo despedirme deste blog no que levo participando dende que comecei a materia de Novas Tecnoloxías en xaneiro.

Polo xeral podo dicir que esta materia me foi de moita axuda no que será o meu futuro como docente, xa que me deu a coñecer multitude de recursos cos que traballar na aula, ensinoume a analizar cales son os máis apropiados e permitiume crear numerosas actividades para realizar na aula.

Espero que vos gustase tanto este blog como o noso proxecto final, o cal recollemos en forma de web en Wix e tedes en entradas anteriores e que podedes seguir visitando cando queirades.

Moitas grazas e ata sempre!

Reflexión sobre os proxectos expostos

Ola!

Esta semana foron as presentacións dos proxectos nos que todos levamos traballando dende que comezou o cuatrimestre.

Teño que dicir que todas elas me pareceron moi interesantes, aínda que na miña opinión houbo certos aspectos que poderían mellorarse, por exemplo, houbo exposicións moi longas e detalladas que houbesen estado mellor se desen un pouco menos de información. Por outra banda houbo outras nas que me gustaría ter observado máis o tipo de actividades que fixeron ou como funcionaban, pero en xeral todas estaban bastante ben.

Como conclusión podo dicir que as exposicións cumpliron o propósito máis importante para min, que era darnos a coñecer de forma xeral como era o seu proxecto, sen que nos tievesemos que entrar e velo todo por nos mesmos.

Moitas grazas e ata a próxima!

miércoles, 9 de mayo de 2018

Reflexión sobre os proxectos expostos

Moi boas tardes!

Onte, martes día oito, cada grupo tivemos que presentar o proxecto no que levamos traballando todo o cuadrimestre. Na nosa exposición empregamos como recurso de apoio a presentación de Drive que subimos nunha das entradas anteriores.

De forma xeral, podo dicir que todas as propostas dos demáis grupos parecéronme moi interesantes, tanto no que se refire ao formato (revista dixital, unha web dixital de recursos en galego...) como en canto á súa temática (diversidade cultural, forma de vida activa, igualdade de xénero...). Ademais, as exposicións foron na súa maioría moi amenas e que cautivaron facilmente a atención das demáis persoas que alí estabamos.

Adeus!

lunes, 7 de mayo de 2018

O recurso empregago para a exposición

Bos días a todas e todos!

Hoxe imos amosarvos a presentación que nos serviu de apoio para a exposición oral na que falamos sobre o noso proxecto coa pizarra dixital interactiva. Podedes vela facendo clic aquí.

Na presentación incluimos a xustificación pola cal escollemos ese proxecto, o contexto do colexio no que se levaría a cabo e os obxectivos que pretendíamos acadar realizandoo. Tamén incluimos os enlaces para a nosa páxina Web, na que agrupamos todas as actividades realizadas ata o momento, o enlace para visitar este mesmo blog e o enlace para o poster que realizamos.

Ata a próxima!

O noso informe final

Bos días!

Esta última semana de clase estivemos elaborando o informe final do noso proxecto que, como recordaredes, era empregando a Pizarra Dixital Interactiva (PDI).

No noso informe final tocamos puntos como a xustificación (onde presentamos as nosas razóns polas que escollemos este proxecto, tanto no que se refire á  Pizarra Dixital Interactiva como á temática do proxecto), o contexto (o centro no que levariamos a cabo o noso proxecto coas características do seu alumnado), o contexto curricular (onde incluímos os obxectivos que pretendemos que o alumnado adquira tanto con respecto aos obxectivos xerais como ás competencias clave), unha breve descrición das actividades que incluímos no noso proxecto (nome, breve descrición, recursos empregados, lugar de realización, personal necesario, agrupación do alumnado e duración de cada unha das actividades) e unha pequena conclusión onde reflexionamos sobre a elaboración do noso proxecto.

Podedes ver o noso informe aquí.

Ata a próxima!

jueves, 3 de mayo de 2018

A nosa páxina web

Ola a todos e a todas!

Estas últimas dúas semanas estivemos creando a nosa propia páxina web, Drelara, na que secuenciamos todas as actividades creadas ao longo do cuatrimestre para o noso proxecto, unha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI).

Para crear a nosa páxina web empregamos a ferramenta gratuita Wix. Despois de dedicar un pouco máis dunha semana á posta a punto da nosa web, podemos dicir que esta é unha páxina moi intuitiva e sinxela de empregar. Ademais, e grazas á dispoñibilidade de plantillas moi variadas, pode conseguirse unha web moi bonita, simple e que semella feita por profesionais!

Como podedes observar na nosa web, e aproveitando que o currículum de primaria na materia de ciencias da natureza está secuenciado desta forma, dividimos as actividades en cinco bloques temáticos: os animais, o corpo humano, as plantas, as rochas e a materia e enerxía.

Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!


martes, 17 de abril de 2018

Recursos para a aula: Cuadernia

Boas!

Esta semana tivemos que escoller unha das 150 ferramentas gratuitas para crear material educativo que se nos propoñían, que no meu caso é Cuadernia.

Cuadernia é unha ferramenta da Consellería de Educación e Ciencia de Castela-A Mancha que nos permite crear libros dixitais con actividades didácicas e de avaliación para os nenos e nenas.

Non é unha ferramenta moi intuitiva, polo que para min foi imprescindible ver algún dos numerosos tutoriais que podemos atopar por Youtube. Ademáis, otro aspecto negativo de Cuadernia é que non podes gardar os teus progresos e continuar máis tarde ou outro día, polo que é necesario dispoñer de moito tempo para crear o libro.

Aínda así, con dedicación pódense crear libros dixitais moi creativos e engadir nestes actividades de moi diversos tipos como pode ser preguntas tipo test, sopas de letras...

Eu decidín crear un libro dixital sobre as rochas: que son e como se clasifican segundo a súa orixe (magmáticas ou ígneas, sedimentarias e metamórficas). Tamén engadín unha serie de actividades entre as explicacións como preguntas tipo test, de completar os ocos e unha sopa de letras.

Ata a próxima!

Recursos para a aula: Kubbu


Ola!

Esta semana estivemos mirando a páxina de "150 ferramentas para elaborar material". Nela atopamos diferentes programas onde podemos facer actividades interactivas. Despois de botarlle un vistazo a todos eles, decidín facer unha actividades co pograma Kubbu. 


Este programa xera actividades como crucigramas, exercicios de emparellar e de clasificar. Os exercicios podemos facelos online ou ben imprimilos en papel, e ao memso tempo permite que sigamos os resultados das persoas que fan as actividades online. 


No meu caso fixen un test nesta plataforma sobre os cinco sentidos dos seres humanos. A continuación deixovos o enlace para que poidades resolver esta actividade, pincha aqui. Espero que vos guste. 


Ata outra!

Recursos para a aula: EdiLim

Moi boas a todos e a todas!!

A semana pasada estivemos traballando cunha nova plataforma para facer actividades interactivas chamada EdiLim. Esta páxina permítenos crear infinitas actividades como por exemplo esquemas, exercicios de clasificar palabras e imaxes, actividades con música, etc. 

Ainda que o manexo da plataforma é sinxelo, tivemos bastantes problemas á hora de gardar as actividades e visualizalas posteriormente. 

Con EdiLim elaborei dúas actividades. A miña primeira actividade é de clasificar imaxes segundo sexan seres vivos ou seres inertes. Podedes resolver a actividade máis abaixo. 






Na miña segunda actividades, os nenos e nenas poden coñecer algúns dos ósos que compoñen o noso esqueleto. Deberán unir cada palabra co número que lle corresponda. A continuación deixovos a actividade para que poidades resolvela. 





Espero que vos gustaran e vos serviran de axuda estas dúas actividades. 

Un saúdo. Adeus!

lunes, 16 de abril de 2018

Recursos para a aula: ClassTools

Moi boas!

Esta semana estiven revisando a carpeta de Faitic chamada "150 Ferramentas para elaborar materiais". Despois de probar algunhas das páxinas, decanteime por unha chamada ClassTools coa que elaborei unha actividade basada nas partes dunha pranta. 

ClassTools pareceume a páxina que máis se axeitaba ao noso proxecto. Pois no noso caso, temos que relacionar todo coa pizarra interactiva, e a maioría das páxinas adicábanse a xerar fichas ou esquemas para traballar sobre o papel. Porén, Classtools xera actividades que podemos realizar dende o ordenador, ou no noso caso, dende a pizarra.

Concretamente a actividade é un crucigrama que consta de 9 palabras para definir as partes dunha pranta. Podes acceder a actividade pinchando en ClassToolsPartesDaPranta.

Moitas grazas e vémonos pronto!

Recursos para a aula: EdiLim

Ola a todos e todas!

A semana pasada estiven traballando con unha plataforma chamada Edilim. Tiven varios problemas á hora de poder gardar as actividades, pois unha vez rematadas non me deixaba abrilas para poder probalas. Finalmente descubrin onde estaba o problema e acabei facendo as actividades de novo.

Unha das actividades trataba sobre os animais acuáticos. Nela, o alumnado debe identificar a imaxe dun animal, tanto marino como terrestre, pero que habiten maioritariamente no medio acuático, co seu nome correspondente.
A outra actividade que realicei foi unha sopa de letras sobre os ósos do ser humano. O alumnado terá a imaxe de todos os ósos que deben atopar na sopa de letras.


Son actividades adicadas a alumnado de segundo ciclo, con elas poden aprender á vez que se divirten.

Grazas e un saúdo!

sábado, 14 de abril de 2018

Recursos para a aula: Edilim

Ola!

A semana pasada estivemos coñecendo Edilim, unha aplicación que nos permite crear libros interactivos multimedia de forma sinxela e intuitiva. Ainda que á hora de gardar as actividades tivemos moitos problemas. Con esta aplicación tivemos que crear dúas actividades que vos ensino a continuación.

A miña primeira actividade consiste en clasificar unha serie de enerxías segundo sexan enerxías renovables ou enerxías non renovables. Podes acceder á actividade pinchando aquí ou tamén podes resolvela máis abaixo.


E a segunda actividade que creei en Edilim foi unha actividade que consiste en relacionar o nome de cada nutriente coa súa definición ou unha característica deste. Ao igual que a outra actividade, podes realizala pinchando aquí ou máis abaixo.




Adeus!

sábado, 24 de marzo de 2018

Recursos para a aula: HotPotatoes

Ola!

Esta semana estivemos coñecendo HotPotatoes, un sotfware que serve para crear diferentes actividades multimedia.

Ao igual que as miñas compañeiras, eu tamén creei tres exercicios interactivos multimedia con este programa, das que falarei a continuación.

A primeira das actividades que creei foi un JMix. Esta actividade consiste en ordenar unha serie de palabras para formar unha oración, que neste caso é unha definición de enerxía.

A segunda das actividades foi creada coa ferramenta JCross, co que se pode crear un crucigrama. O meu crucigrama é sobre os principais órganos internos que, gracias ás pistas facilitadas, podes ir adiviñando.

E a última das miñas actividades fíxena coa ferramenta JCross. Este exercicio interactivo consiste en completar unha serie de ocos nun texto que trata sobre as diferentes fases do ciclo da auga.

Espero que vos gusten. Ata a próxima semana!

viernes, 23 de marzo de 2018

Recursos para a aula: HotPotatoes

Moi boas a todos e a todas!

Esta semana estivemos traballando cun novo programa que nos permite facer máis actividades multimedia chamada HotPotatoes. Esta plataforma permítenos facer actividades como un test, un crucigrama, actividades de unir, completar ocos, etc. É unha plataforma moi interesante xa que che permite engadir imaxes as túas actividades e modificar o fondo delas.  

Nesta plataforma fixen tres actividades sobre as ciencias da natureza. A primeira actividade é un crucigrama sobre as enfermidades e os riscos para a saúde, onde a través de distintas definicións podemolo ir completando coas palabras correspondentes. 

A segunda actividade é un texto no que temos que completar con palabras relacionadas coas tres funciós vitais dos seres vivos, a nutrición, a relación e a reproducción.

E a terceira e última actividade que fixen, é de relacionar os distintos aparellos do corpo humano con cadansúa foto correspondente. 

Espero que vos gusten as actividades e vos sean moi útiles.

Un saúdo!

Recursos para a aula: HotPotatoes

Moi boas a todos e todas!

Nesta nova semana de traballo realicei 3 actividades nunha nova plataforma, a cal se chama HotPotatoes. Esta plataforma ofréceche multitude de posibilidades para traballar, tes preguntas con selección de respostas, textos para completar ocos, relacións de palabras, etc. Ademais, no canto de texto tamén podes incluir imaxes e tes a opción de modificar as cores e o deseño do resultado final da actividade.

Unha das actividades que creei foi JCloze, esta actividade consiste en que tras ler unha definición dalgunha enerxía renovable, o alumnado ten que completar o oco co nome da enerxia correspondente.

JQuiz, trátase dunha pregunta sobre o estado no que se atopa a auga, o alumnado terá que escoller entre as diferentes opcións que se lle ofrecen, e so unha é a correcta.

En JMatch, o alumnado terá que relacionar unha imaxe sobre os sentidos do ser humano coa palabra correspondente a dito sentido, ollos con vista, boca con gusto, nariz con olfato, etc.

Boa semana e ata a próxima!

sábado, 17 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Ola!

Na clase desta semana estivemos revisando de novo a ferramenta TIC Educaplay, da que xa falei nunha entrada anterior. Educaplay é un portal de actividades educativas onde podes ver actividades creadas por outros usuarios e tamén crear as túas propias actividades, como fixemos nós.

Á hora de crear, pódese elixir entre unha gran variedade de actividades: adiviñanzas, crucigramas, ditados, sopa de letras, actividades de relacionar, unha ruleta de palabras... A creación de actividades é moi fácil xa que é unha páxina moi intuitiva e no caso de ter algunha dúbida existen vídeos tutoriais para cada unha das actividades.

A primeira destas actividades é un recurso onde o alumnado ten que completar os ocos que faltan no texto con algunha das palabras suxeridas. O texo trata sobre a clasificación das plantas atendendo ao seu talo: herbas, arbustos e árbores.



A segunda das actividades que deseñei é un mosaico sobre os tipos de animais vertebrados e invertebrados, e consiste en relacionar a foto de cada animal co tipo ao que este pertenza (mamíferos, vermes, peixes...).



Por último, o meu terceiro recurso é unha adiviña sobre un cambio do estado da auga, concretamente a ebulición. Como pistas primeiro puxen un audio onde se escoita ferver a auga e despois varias pistas con texto.




Espero que vos gustaran moito. Ata a próxima semana!

Actividades con Educaplay

Moi boas a todos e a todas!!


Nesta sesión de Novas Tecnoloxías estivemos coñecendo máis a fondo a ferramenta TIC Educaplay. No meu caso, xa utilizara a ferramenta nunha sesión anterior para facer un Videoquiz sobre a materia e as súas propiedades que podedes ver nunha das nosas entradas anteriores. 



Esta semana profundicei máis sobre Educaplay e sobre as posibilidades que nos ofrece para crear actividades multimedia. Podemos crear multitude de actividades de forma sinxela, aínda que nun primeiro momento pode parecer complicado o seu manexo. 



A miña primeira actividade, é unha sopa de letras sobre algúns dos órganos vitais cos que contamos no corpo humano, para que os nenos e nenas coñezan de que están formados. 






A segunda actividade que fixen, foi un test sobre a auga que nos fala dos seus estados, o seu ciclo e algunha información interesante referente a ela.





E por último, a miña terceira actividade, é unha ruleta de palabras sobre as ciencias da natureza en xeral, onde podemos atopar palabras relacionadas cos animais, as plantas, o corpo, etc.





Espero que vos gusten estas actividades que presento e que vos sean de moita utilidade para seguir aprendendo sobre o mundo das ciencias da natureza. 



Un saúdo e ata a próxima!

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...