Esta última semana de clase estivemos elaborando o informe final do noso proxecto que, como recordaredes, era empregando a Pizarra Dixital Interactiva (PDI).
No noso informe final tocamos puntos como a xustificación (onde presentamos as nosas razóns polas que escollemos este proxecto, tanto no que se refire á Pizarra Dixital Interactiva como á temática do proxecto), o contexto (o centro no que levariamos a cabo o noso proxecto coas características do seu alumnado), o contexto curricular (onde incluímos os obxectivos que pretendemos que o alumnado adquira tanto con respecto aos obxectivos xerais como ás competencias clave), unha breve descrición das actividades que incluímos no noso proxecto (nome, breve descrición, recursos empregados, lugar de realización, personal necesario, agrupación do alumnado e duración de cada unha das actividades) e unha pequena conclusión onde reflexionamos sobre a elaboración do noso proxecto.
Podedes ver o noso informe aquí.
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario