Ola a todos e a todas!
Estas últimas dúas semanas estivemos creando a nosa propia páxina web, Drelara, na que secuenciamos todas as actividades creadas ao longo do cuatrimestre para o noso proxecto, unha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI).
Para crear a nosa páxina web empregamos a ferramenta gratuita Wix. Despois de dedicar un pouco máis dunha semana á posta a punto da nosa web, podemos dicir que esta é unha páxina moi intuitiva e sinxela de empregar. Ademais, e grazas á dispoñibilidade de plantillas moi variadas, pode conseguirse unha web moi bonita, simple e que semella feita por profesionais!
Como podedes observar na nosa web, e aproveitando que o currículum de primaria na materia de ciencias da natureza está secuenciado desta forma, dividimos as actividades en cinco bloques temáticos: os animais, o corpo humano, as plantas, as rochas e a materia e enerxía.
Esperamos que vos guste.
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario