jueves, 22 de febrero de 2018

O noso póster

Ola a todos e todas!

Despois de analizar polo menos tres recursos cada unha, recollemos moitas ideas que no gustaron deles e que incorporaremos cando teñamos que crear os nosos propios recursos. Ademais, a realización das fichas para a análise dos recursos serviunos para poñer máis atención en aspectos como o son ou o texto, nos que antes non reparábamos nin dábamos case importancia.

Por outra banda, esta semana estivemos deseñando un póster dixital sobre o noso proxecto. Neste póster incluímos os recursos interactivos que nos pareceron máis adecuados dos que estivemos analizando. Tamén incluimos no noso póster unha nube de TAGS con forma de árbore con palabras relacionadas coa natureza; e un código QR que escaneándoo pode levarvos ao noso blog.

Aquí vos deixamos unha imaxe do noso póster. Esperamos que vos guste!



martes, 13 de febrero de 2018

Recursos seleccionados

Boas!

Esta semana como xa dixeron as miñas compañeiras adicámonos a buscar recursos TIC e poideran servirnos para o noso proxecto sobre as ciencias naturais. Despois de consular moitas webs e recursos de diversos tipos, houbo tres que chamaron a miña atención, dos que falarei a continuación.


O primeiro destes recursos TIC (ao que podedes acceder facendo clic aquí) é a atmosfera. Este recurso consiste en facer relacionar o nome de cada capa da atmosfera coa súa representación gráfica. Gustoume moito porque o debuxo é de moi boa calidade, ademais de que engade información como a distancia que estas están con respecto á Terra e algunhas das cousas que podemos atopar en cada capa (un globo aerostático, un satélite...).





O segundo dos recursos, Os planetas do sistema solar, é, como indica o seu nome, sobre os diferentes planetas do sistema solar. O recurso consiste en, en función do nome que apareza na parte superior, facer clic na representación gráfica do planeta correspondente. O que máis me gustou deste recurso é o feito de que os planetas non estean ordenados da forma habitual, que é de menor a maior, senón que están ordenados con respecto á súa distancia ao Sol.




Finalmente o último dos recursos (clic aquí) é sobre a estrutura dunha planta con flor e fruto. Este recurso consiste en arrastrar cada termo e relacionalo con cada unha das partes sinaladas na representación gráfica. En xeral este recurso gustoume moito polo seu debuxo de gran calidade e polo feito de que é un recurso simple pero mediante o cal se poden reforzar os coñecementos xa adquiridos ou incluso aprender novas cousas. Ainda así é verdade que sgue o patrón que seguen a maioría dos xogos sobre as diferentes partes das plantas e incluso reproduce o formato habitual dos libros de texto.





Espero que vos gustaran moito estes recursos TIC.

Ata a semana que ven!

Recursos seleccionados

Bos días a todos e a todas!! 

Seguimos para adiante co noso proxecto sobre a PDI para os nenos e nenas de primaria, e esta semana estivemos analizando recursos que podemos encontrar navegando pola rede. 

Despois de indagar na web e de visitar diferentes páxinas de recursos houbo un que me chamou moito a atención. Trátase dunha páxina onde os nenos e as nenas poden aprender as ciencias naturais adicadas ao corpo humano e ás células (fai clic na imaxe e poderás probalo). Pareceume moi interesante e moi creativa, xa que as imaxes que utiliza son moi vistosas e moi realistas. Nesa páxina podes traballar dende o aparato circulatorio ata o dixestivo, entre os outros cos que conta o noso corpo, así como tamén as células polas que estamos compostos os seres vivos tanto animais como vexetais. Algo que tamén me chamou a atención desa páxina web, foi que, ademais de poder xogar e facer exercicios, tamén podes estudar os contidos dos que van a tratar os xogos. 



Outra cousa que fixemos ademais de buscar estes recursos que nos van a servir para desenvolver a nosa actividade, foi indagar sobre como facer unhas mellores busquedas en Google, grazas aos recursos facilitados polos nosos profesores. 

A medida que vaiamos facendo máis avances no noso proxecto, iremos informando a todos/as os/as nosos/as lectores e lectoras. Un saúdo para todos e todas e que pasedes unha moi boa semana.

domingo, 11 de febrero de 2018

Recursos seleccionados

Moi bos días a todos e todas!

Unha semana máis seguimos avanzando cara o noso proxecto coa PDI. Desta vez, adicámonos á procura de recursos para empregar co alumnado na aula.
No meu caso, o que máis me chamou a atención foi un planetario virtual (fai clic na imaxe e poderás probalo). Este posúe unha gran cantidade de opcións coas que traballar (órbitas, planetas, constelacións), e todas elas presentan un alto nivel de realismo, sendo moi fieis ao aspecto físico dos planetas.




Outros dos recursos que vin foi un sobre trucos para buscar en Google, algúns deses trucos xa os coñecía, pero houbo un que me chamou a atención especialmente. Dito truco serve para delimitar as procuras entre certas cantidades ou datas. Considero que é un truco especialmente relevante para a miña formación, pois continuamente teño que realizar procuras para a realización de traballos e con este truco podo delimitar as datas dos artigos que estou buscando co simple feito de escribir dous puntos ("..") entre as datas dos documentos que que quero atopar.

E ata aquí os meus avances, espero que pasedes todos e todas unha boa semana.

Saudos!

viernes, 2 de febrero de 2018

Revisando recursos


Moi boas a todos e a todas!

Esta segunda semana de clases de NNTT estiven botándolle un ollo aos recursos que nos facilitaron para facer os nosos proxectos, en especial aos centrados na pizarra dixital interactiva (PDI) que é sobre o que imos a facer o noso traballo.

Os documentos que podemos atopar en Faitic sobre a PDI son moi interesantes e seguro que son de gran utilidade para a creación do noso proxecto. Saber os tipos de pizarras dixitales que existen e os usos para os que máis se utilizan, así como as diferentes actividades que se poden crear para utilizalas axúdannos á hora de encarar o noso traballo.

En conclusión, considero moi importantes os recursos que nos facilitan e penso que van a ser moi útiles para facer o noso proxecto, así como serán moi útiles para cando desenvolvamos o noso traballo como futuras docentes, xa que as novas tecnoloxías están en auxe nos centros educativos.


Un saúdo a todos e a todas e que pasedes unha moi boa semana.

jueves, 1 de febrero de 2018

Revisando recursos

Ola a todos e a todas!

Esta semana estiven revisando todos os materiais sobre o proxecto que estamos a realizar nesta materia.

Como no meu grupo escollemos a elaboración dunha secuencia didáctica baseada na Pizarra Dixital Interactiva (PDI), centreime na revisións dos materiais relacionados con esta. Algún exemplo deste material son os manuais para o uso dos diferentes tipos de pizarras que existen ou as diversas formas de usar estas pizarras (para a descrición en grupo dunha foto, como un dicionario visual...).

Tamén revisei unha serie de enlaces a materiais da rede para empregar coa pizarra dixital. Concretamente gustoume moito as actividades que ten o Proxecto Sé para a materia de ciencias naturais: sobre os planetas e o sistema solar, as partes e funcións das plantas... Sen dúbida incorporarei algunha das súas ideas no noso proxecto.

Considero que todo este material vai a ser de gran utilidade á hora de desenvolver o noso proxecto porque dáse información básica sobre o manexo das pizarras, así como exemplos de material que se podería empregar nunha aula de educación primaria.

Que pasedes unha moi boa semana!

Revisando recursos

Moi boas!

Nesta segunda semana de traballo estiven revisando os recursos que temos dispoñibles en Faitic, e que poden sernos de gran utilidade para a realización do noso proxecto coa Pizarra Dixital. Pareceume moi interesante un blog do curso 15/16, chamado "Amasa las emociones", pois o seu proxecto tamén se basa na PDI, aínda que se centra en traballar coas emocións. Gustoume moito o detalle de que ao entrar na páxina comezase a reproducirse un video, creo que no noso blog quedaría ben un con sons da natureza, xa que o noso proxecto vai enfocado as ciencias naturais.

Tamén atopei información teórica nun portal sobre pizarras dixitais dispoñible en Faitic, o cal me pareceu moi interesante, pois nunca antes pensara no funcionamento das pizarras dende o seu interior, nin nos diferentes tipos que existen, e agora sinto curiosidade por identificar as diferentes pizarras que temos en cada unha das aulas da facultade.

En conclusión, penso que grazas aos recursos dos que dispoñemos e aos que nós mesmas procuraremos conseguir, o noso proxecto pode quedar moi interesante. E aínda que nos custe un pouco máis, pois nunca fixemos nada semellante, creo que podemos facer algo moi bo.

Moitas grazas e boa semana!

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...