Moi boas!
Nesta segunda semana de traballo estiven revisando os recursos que temos dispoñibles en Faitic, e que poden sernos de gran utilidade para a realización do noso proxecto coa Pizarra Dixital. Pareceume moi interesante un blog do curso 15/16, chamado "Amasa las emociones", pois o seu proxecto tamén se basa na PDI, aínda que se centra en traballar coas emocións. Gustoume moito o detalle de que ao entrar na páxina comezase a reproducirse un video, creo que no noso blog quedaría ben un con sons da natureza, xa que o noso proxecto vai enfocado as ciencias naturais.
Tamén atopei información teórica nun portal sobre pizarras dixitais dispoñible en Faitic, o cal me pareceu moi interesante, pois nunca antes pensara no funcionamento das pizarras dende o seu interior, nin nos diferentes tipos que existen, e agora sinto curiosidade por identificar as diferentes pizarras que temos en cada unha das aulas da facultade.
En conclusión, penso que grazas aos recursos dos que dispoñemos e aos que nós mesmas procuraremos conseguir, o noso proxecto pode quedar moi interesante. E aínda que nos custe un pouco máis, pois nunca fixemos nada semellante, creo que podemos facer algo moi bo.
Moitas grazas e boa semana!
jueves, 1 de febrero de 2018
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Reflexión final
Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...
-
Ola a todos e todas! A semana pasada estiven traballando con unha plataforma chamada Edilim. Tiven varios problemas á hora de poder gar...
-
Moi boas a todos e todas! Nesta nova semana de traballo realicei 3 actividades nunha nova plataforma, a cal se chama HotPotatoes. Esta ...
-
Moi bos días a todos e todas! Unha semana máis seguimos avanzando cara o noso proxecto coa PDI. Desta vez, adicámonos á procura de recu...
No hay comentarios:
Publicar un comentario