Moi boas a todos e a todas!
Esta segunda semana de clases de NNTT estiven botándolle un
ollo aos recursos que nos facilitaron para facer os nosos proxectos, en
especial aos centrados na pizarra dixital interactiva (PDI) que é sobre o que
imos a facer o noso traballo.
Os documentos que podemos atopar en Faitic sobre a PDI son
moi interesantes e seguro que son de gran utilidade para a creación do noso
proxecto. Saber os tipos de pizarras dixitales que existen e os usos para os
que máis se utilizan, así como as diferentes actividades que se poden crear
para utilizalas axúdannos á hora de encarar o noso traballo.
En conclusión, considero moi importantes os recursos que nos
facilitan e penso que van a ser moi útiles para facer o noso proxecto, así como
serán moi útiles para cando desenvolvamos o noso traballo como futuras
docentes, xa que as novas tecnoloxías están en auxe nos centros educativos.
Un saúdo a todos e a todas e que pasedes unha moi boa
semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario