sábado, 24 de marzo de 2018

Recursos para a aula: HotPotatoes

Ola!

Esta semana estivemos coñecendo HotPotatoes, un sotfware que serve para crear diferentes actividades multimedia.

Ao igual que as miñas compañeiras, eu tamén creei tres exercicios interactivos multimedia con este programa, das que falarei a continuación.

A primeira das actividades que creei foi un JMix. Esta actividade consiste en ordenar unha serie de palabras para formar unha oración, que neste caso é unha definición de enerxía.

A segunda das actividades foi creada coa ferramenta JCross, co que se pode crear un crucigrama. O meu crucigrama é sobre os principais órganos internos que, gracias ás pistas facilitadas, podes ir adiviñando.

E a última das miñas actividades fíxena coa ferramenta JCross. Este exercicio interactivo consiste en completar unha serie de ocos nun texto que trata sobre as diferentes fases do ciclo da auga.

Espero que vos gusten. Ata a próxima semana!

viernes, 23 de marzo de 2018

Recursos para a aula: HotPotatoes

Moi boas a todos e a todas!

Esta semana estivemos traballando cun novo programa que nos permite facer máis actividades multimedia chamada HotPotatoes. Esta plataforma permítenos facer actividades como un test, un crucigrama, actividades de unir, completar ocos, etc. É unha plataforma moi interesante xa que che permite engadir imaxes as túas actividades e modificar o fondo delas.  

Nesta plataforma fixen tres actividades sobre as ciencias da natureza. A primeira actividade é un crucigrama sobre as enfermidades e os riscos para a saúde, onde a través de distintas definicións podemolo ir completando coas palabras correspondentes. 

A segunda actividade é un texto no que temos que completar con palabras relacionadas coas tres funciós vitais dos seres vivos, a nutrición, a relación e a reproducción.

E a terceira e última actividade que fixen, é de relacionar os distintos aparellos do corpo humano con cadansúa foto correspondente. 

Espero que vos gusten as actividades e vos sean moi útiles.

Un saúdo!

Recursos para a aula: HotPotatoes

Moi boas a todos e todas!

Nesta nova semana de traballo realicei 3 actividades nunha nova plataforma, a cal se chama HotPotatoes. Esta plataforma ofréceche multitude de posibilidades para traballar, tes preguntas con selección de respostas, textos para completar ocos, relacións de palabras, etc. Ademais, no canto de texto tamén podes incluir imaxes e tes a opción de modificar as cores e o deseño do resultado final da actividade.

Unha das actividades que creei foi JCloze, esta actividade consiste en que tras ler unha definición dalgunha enerxía renovable, o alumnado ten que completar o oco co nome da enerxia correspondente.

JQuiz, trátase dunha pregunta sobre o estado no que se atopa a auga, o alumnado terá que escoller entre as diferentes opcións que se lle ofrecen, e so unha é a correcta.

En JMatch, o alumnado terá que relacionar unha imaxe sobre os sentidos do ser humano coa palabra correspondente a dito sentido, ollos con vista, boca con gusto, nariz con olfato, etc.

Boa semana e ata a próxima!

sábado, 17 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Ola!

Na clase desta semana estivemos revisando de novo a ferramenta TIC Educaplay, da que xa falei nunha entrada anterior. Educaplay é un portal de actividades educativas onde podes ver actividades creadas por outros usuarios e tamén crear as túas propias actividades, como fixemos nós.

Á hora de crear, pódese elixir entre unha gran variedade de actividades: adiviñanzas, crucigramas, ditados, sopa de letras, actividades de relacionar, unha ruleta de palabras... A creación de actividades é moi fácil xa que é unha páxina moi intuitiva e no caso de ter algunha dúbida existen vídeos tutoriais para cada unha das actividades.

A primeira destas actividades é un recurso onde o alumnado ten que completar os ocos que faltan no texto con algunha das palabras suxeridas. O texo trata sobre a clasificación das plantas atendendo ao seu talo: herbas, arbustos e árbores.



A segunda das actividades que deseñei é un mosaico sobre os tipos de animais vertebrados e invertebrados, e consiste en relacionar a foto de cada animal co tipo ao que este pertenza (mamíferos, vermes, peixes...).



Por último, o meu terceiro recurso é unha adiviña sobre un cambio do estado da auga, concretamente a ebulición. Como pistas primeiro puxen un audio onde se escoita ferver a auga e despois varias pistas con texto.




Espero que vos gustaran moito. Ata a próxima semana!

Actividades con Educaplay

Moi boas a todos e a todas!!


Nesta sesión de Novas Tecnoloxías estivemos coñecendo máis a fondo a ferramenta TIC Educaplay. No meu caso, xa utilizara a ferramenta nunha sesión anterior para facer un Videoquiz sobre a materia e as súas propiedades que podedes ver nunha das nosas entradas anteriores. 



Esta semana profundicei máis sobre Educaplay e sobre as posibilidades que nos ofrece para crear actividades multimedia. Podemos crear multitude de actividades de forma sinxela, aínda que nun primeiro momento pode parecer complicado o seu manexo. 



A miña primeira actividade, é unha sopa de letras sobre algúns dos órganos vitais cos que contamos no corpo humano, para que os nenos e nenas coñezan de que están formados. 






A segunda actividade que fixen, foi un test sobre a auga que nos fala dos seus estados, o seu ciclo e algunha información interesante referente a ela.





E por último, a miña terceira actividade, é unha ruleta de palabras sobre as ciencias da natureza en xeral, onde podemos atopar palabras relacionadas cos animais, as plantas, o corpo, etc.





Espero que vos gusten estas actividades que presento e que vos sean de moita utilidade para seguir aprendendo sobre o mundo das ciencias da natureza. 



Un saúdo e ata a próxima!

viernes, 16 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Moi boas!

Nesta última semana estiven revisando as distintas posibilidades que Edicaplay ofrece para traballar co alumnado dunha forma máis divertida, e teño que dicir que me sorprendeu a gran variedade de actividades que podes realizar, así como as que ti mesmo podes crear, pois into permítenos creaar actividades diferentes en función da materia coa que queiramos traballar.

Unha das actividades que creei foi un crucigrama sobre os animais mamíferos, no cal, a partir dunha definición sinxela o alumnado debe ir completando os ocos.




A segunda actividade foi unha definición que os alumnos deberán formar sobre as características dos mamíferos. Para conseguilo, terán que ir clicando sobre as palabras na orde que eles consideren correctas e finalmente comprobarán se a fixeron ben ou non.



A terceira é unha actividade na que deben relacionar distintos animais co colectivo ao que pertencen. Contarán con unha imaxe de ditos animais e noutra columna cos distintos colectivos posibles.



Estas actividades parécenme sinxelas e atractivas para practicar o temario que se da na clase dunha forma diferente e entretida. Ademais non presentan un alto nivel de dificultade, polo que todo o alumnado debería poder resolvelas sen problema.

Moitas grazas pola atención e ata a próxima!


lunes, 12 de marzo de 2018

Webquest

Ola!

Esta semana pasada estivemos traballando na creación da nosa Webquest. Fixemos esta escolla porque a Webquest é o recurso máis axeitados para os cursos que nós eliximos (3º e 4º de primaria), que teñen entre 8 e 10 anos. Este recurso está composto por diferentes actividades que se realizan a través da consulta dunha serie de recursos seleccionados polo profesor.

A nosa Wequest chámase "A clasificación dos animais" e, como indica o seu nome, é sobre as diferentes clasificacións dos animais: en canto á súa nutrición, a forma de desprazarse, a reprodución ou se son vertebrados ou invertebrados.

Pinchando na foto que incluímos a continuación poderedes acceder directamente á nosa Webquest.

Esperamos que vos guste!


martes, 6 de marzo de 2018

Os nosos recursos audiovisuais

Ola a todos e a todas!

Como xa dixemos nas tres entradas anteriores, esta semana estivemos creando as nosas propias actividades e recursos audiovisuais. Para a súa elaboración empregamos as ferramentas TIC das que falamos de forma individual nas pasadas publicacións.

Un dos recursos creados foi un Stop Motion sobre as plantas e a súa reproducción. A súa creación foi un proceso moi laborioso pero a finalidade é que os/as nenos/as aprendan dunha forma divertida, polo que merece a pena o esforzo.



Elaboramos, tamén, dous Videoquiz: un sobre a materia e as súas propiedades e outro sobre a nutrición e a fotosíntese das plantas. A continuación deixámosvos unha captura co enlace que vos levará directos á diversión!


Outro dos recursos audiovisuais que creamos é un comic. Este trata sobre a clasificación dos animais vertebrados: mamíferos, peixes, anfibios, reptís e aves. Tamén vos deixamos o enlace a continuación. 


O último recurso audiovisual que creamos foi un vídeo en Moovly sobre os estados da agua e o seu ciclo. O proceso de creación resultou ser moi laborioso porque o consideramos un programa bastante complexo. Ao pinchar enriba da imaxe levaravos directamente ao recurso.




Esperamos que vos gusten os noso recursos e actividades audiovisuais tanto coma a nós.
Ata a próxima semana!

domingo, 4 de marzo de 2018

Stop Motion!

Moi boas a todos e todas!

Esta semana estiven revisando unha serie de ferramentas coas que poder elaborar un recurso audiovisual que tivese relación co noso proxecto.

Tras varias probas unha das páxinas que máis me chamou a atención foi a de crear o teu propio comic, nela podes atopar multitude de ferramentas distintas para a túa creación, pero tras varios intentos ningún remataba por convencerme, pois as ilustracións non eran coma eu esperaba ou o deseño non me parecía o máis axeitado para o que eu quería facer, polo que finalmente decidín cambiar totalmente de recurso.

Decanteime logo, por facer un Stop Motion, pois tiña recordos de facer un cando cursaba primaria e naquel momento parecérame moi divertido, polo que penso que ao noso alumnado tamén lle pode gustar. Neste caso, como o noso proxecto se centra nos seres vivos, trátase dun Stop Motion sobre as plantas e a súa reprodución. Penso que é unha forma diferente e entretida de dar a materia.

Moitas grazas pola atención e ata a próxima!

sábado, 3 de marzo de 2018

Educaplay e Moovly


Moi boas tardes a todos e a todas!

Esta semana propuxéronnos facer unhas actividades audiovisuais que tiveran relación co tema que imos a tratar no noso proxecto.

Para iso, estiven mirando os recursos que nos facilitaron os nosos profesores e hai moitos que me chamaron a atención e que me parecen moi interesantes, pero quero destacar dous en especial: Educaplay e Moovly.

Ambas son páxinas para crear actividades multimedia. Educaplay permíteche crear vídeos, presentacións, crucigramas, adiviñas, etc. Nesa plataforma fixen a miña primeira actividade, un videoquiz sobre a materia e as súas propiedades. Moovly permíteche crear vídeos e ofrécenos unha variedade moi amplia de imaxes, sonidos e vídeos. Nesta plataforma fixen a miña segunda actividade sobre o ciclo da auga.

Con ambas as plataformas tiven algún problemiña que outro para crear as actividades, pero espero que con práctica me sexa máis fácil manexarme con elas.

Na publicación grupal amosarémosvos os recursos audiovisuais que fixemos e esperamos que vos gusten.

Un saúdo!

jueves, 1 de marzo de 2018

Educaplay

Moi boas!

Esta semana estivemos revisando algunhas ferramentas TIC que posteriormente utilizamos para a elaboración das nosas propias actividades ou recursos audiovisuais.

Unha das ferramentas suxeridas foi Educaplay, unha web que permite crear moitas actividades educativas multimedia: dende crucigramas e sopas de letras ata adiviñanzas e presentacións.

Nesta web foi onde creei o meu Videoquiz sobre a alimentación e a fotosíntese das plantas, que incluiremos nunha das próximas entradas. Esta actividade consiste en engadir unha serie de preguntas ao vídeo de YouTube que ti elixas no momento que desexes. É moi interesante e últil porque é unha forma de saber se o alumnado está a comprender o vídeo, así como se está a prestar atención.

A outra páxina web que empreguei para a elaboración do segundo recurso multimedia foi Canva que, ainda que non está entre as ferramentas suxeridas, considero importante mencionala. As razón polas que escollín esta ferramenta non suxerida foi que é moi fácil de empregar, ten debuxos moi simples pero bonitos (ainda que a maioría son de pago) e porque permite empregar imaxes de rede. Nesta páxina creei o meu cómic sobre os animais vertebrados. 

Que pasedes unha boa fin de semana.
Adeus!

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...