sábado, 3 de marzo de 2018
Educaplay e Moovly
Moi boas tardes a todos e a todas!
Esta semana propuxéronnos facer unhas actividades audiovisuais que tiveran relación co tema que imos a tratar no noso proxecto.
Para iso, estiven mirando os recursos que nos facilitaron os nosos profesores e hai moitos que me chamaron a atención e que me parecen moi interesantes, pero quero destacar dous en especial: Educaplay e Moovly.
Ambas son páxinas para crear actividades multimedia. Educaplay permíteche crear vídeos, presentacións, crucigramas, adiviñas, etc. Nesa plataforma fixen a miña primeira actividade, un videoquiz sobre a materia e as súas propiedades. Moovly permíteche crear vídeos e ofrécenos unha variedade moi amplia de imaxes, sonidos e vídeos. Nesta plataforma fixen a miña segunda actividade sobre o ciclo da auga.
Con ambas as plataformas tiven algún problemiña que outro para crear as actividades, pero espero que con práctica me sexa máis fácil manexarme con elas.
Na publicación grupal amosarémosvos os recursos audiovisuais que fixemos e esperamos que vos gusten.
Un saúdo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Reflexión final
Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...
-
Ola a todos e todas! A semana pasada estiven traballando con unha plataforma chamada Edilim. Tiven varios problemas á hora de poder gar...
-
Bos días a todos e a todas!! Seguimos para adiante co noso proxecto sobre a PDI para os nenos e nenas de primaria, e esta semana esti...
-
Moi boas a todos e a todas! Esta semana estivemos traballando cun novo programa que nos permite facer máis actividades multimedia ch...
No hay comentarios:
Publicar un comentario