sábado, 17 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Moi boas a todos e a todas!!


Nesta sesión de Novas Tecnoloxías estivemos coñecendo máis a fondo a ferramenta TIC Educaplay. No meu caso, xa utilizara a ferramenta nunha sesión anterior para facer un Videoquiz sobre a materia e as súas propiedades que podedes ver nunha das nosas entradas anteriores. 



Esta semana profundicei máis sobre Educaplay e sobre as posibilidades que nos ofrece para crear actividades multimedia. Podemos crear multitude de actividades de forma sinxela, aínda que nun primeiro momento pode parecer complicado o seu manexo. 



A miña primeira actividade, é unha sopa de letras sobre algúns dos órganos vitais cos que contamos no corpo humano, para que os nenos e nenas coñezan de que están formados. 






A segunda actividade que fixen, foi un test sobre a auga que nos fala dos seus estados, o seu ciclo e algunha información interesante referente a ela.





E por último, a miña terceira actividade, é unha ruleta de palabras sobre as ciencias da natureza en xeral, onde podemos atopar palabras relacionadas cos animais, as plantas, o corpo, etc.





Espero que vos gusten estas actividades que presento e que vos sean de moita utilidade para seguir aprendendo sobre o mundo das ciencias da natureza. 



Un saúdo e ata a próxima!

viernes, 16 de marzo de 2018

Actividades con Educaplay

Moi boas!

Nesta última semana estiven revisando as distintas posibilidades que Edicaplay ofrece para traballar co alumnado dunha forma máis divertida, e teño que dicir que me sorprendeu a gran variedade de actividades que podes realizar, así como as que ti mesmo podes crear, pois into permítenos creaar actividades diferentes en función da materia coa que queiramos traballar.

Unha das actividades que creei foi un crucigrama sobre os animais mamíferos, no cal, a partir dunha definición sinxela o alumnado debe ir completando os ocos.




A segunda actividade foi unha definición que os alumnos deberán formar sobre as características dos mamíferos. Para conseguilo, terán que ir clicando sobre as palabras na orde que eles consideren correctas e finalmente comprobarán se a fixeron ben ou non.



A terceira é unha actividade na que deben relacionar distintos animais co colectivo ao que pertencen. Contarán con unha imaxe de ditos animais e noutra columna cos distintos colectivos posibles.



Estas actividades parécenme sinxelas e atractivas para practicar o temario que se da na clase dunha forma diferente e entretida. Ademais non presentan un alto nivel de dificultade, polo que todo o alumnado debería poder resolvelas sen problema.

Moitas grazas pola atención e ata a próxima!


lunes, 12 de marzo de 2018

Webquest

Ola!

Esta semana pasada estivemos traballando na creación da nosa Webquest. Fixemos esta escolla porque a Webquest é o recurso máis axeitados para os cursos que nós eliximos (3º e 4º de primaria), que teñen entre 8 e 10 anos. Este recurso está composto por diferentes actividades que se realizan a través da consulta dunha serie de recursos seleccionados polo profesor.

A nosa Wequest chámase "A clasificación dos animais" e, como indica o seu nome, é sobre as diferentes clasificacións dos animais: en canto á súa nutrición, a forma de desprazarse, a reprodución ou se son vertebrados ou invertebrados.

Pinchando na foto que incluímos a continuación poderedes acceder directamente á nosa Webquest.

Esperamos que vos guste!


martes, 6 de marzo de 2018

Os nosos recursos audiovisuais

Ola a todos e a todas!

Como xa dixemos nas tres entradas anteriores, esta semana estivemos creando as nosas propias actividades e recursos audiovisuais. Para a súa elaboración empregamos as ferramentas TIC das que falamos de forma individual nas pasadas publicacións.

Un dos recursos creados foi un Stop Motion sobre as plantas e a súa reproducción. A súa creación foi un proceso moi laborioso pero a finalidade é que os/as nenos/as aprendan dunha forma divertida, polo que merece a pena o esforzo.



Elaboramos, tamén, dous Videoquiz: un sobre a materia e as súas propiedades e outro sobre a nutrición e a fotosíntese das plantas. A continuación deixámosvos unha captura co enlace que vos levará directos á diversión!


Outro dos recursos audiovisuais que creamos é un comic. Este trata sobre a clasificación dos animais vertebrados: mamíferos, peixes, anfibios, reptís e aves. Tamén vos deixamos o enlace a continuación. 


O último recurso audiovisual que creamos foi un vídeo en Moovly sobre os estados da agua e o seu ciclo. O proceso de creación resultou ser moi laborioso porque o consideramos un programa bastante complexo. Ao pinchar enriba da imaxe levaravos directamente ao recurso.




Esperamos que vos gusten os noso recursos e actividades audiovisuais tanto coma a nós.
Ata a próxima semana!

domingo, 4 de marzo de 2018

Stop Motion!

Moi boas a todos e todas!

Esta semana estiven revisando unha serie de ferramentas coas que poder elaborar un recurso audiovisual que tivese relación co noso proxecto.

Tras varias probas unha das páxinas que máis me chamou a atención foi a de crear o teu propio comic, nela podes atopar multitude de ferramentas distintas para a túa creación, pero tras varios intentos ningún remataba por convencerme, pois as ilustracións non eran coma eu esperaba ou o deseño non me parecía o máis axeitado para o que eu quería facer, polo que finalmente decidín cambiar totalmente de recurso.

Decanteime logo, por facer un Stop Motion, pois tiña recordos de facer un cando cursaba primaria e naquel momento parecérame moi divertido, polo que penso que ao noso alumnado tamén lle pode gustar. Neste caso, como o noso proxecto se centra nos seres vivos, trátase dun Stop Motion sobre as plantas e a súa reprodución. Penso que é unha forma diferente e entretida de dar a materia.

Moitas grazas pola atención e ata a próxima!

sábado, 3 de marzo de 2018

Educaplay e Moovly


Moi boas tardes a todos e a todas!

Esta semana propuxéronnos facer unhas actividades audiovisuais que tiveran relación co tema que imos a tratar no noso proxecto.

Para iso, estiven mirando os recursos que nos facilitaron os nosos profesores e hai moitos que me chamaron a atención e que me parecen moi interesantes, pero quero destacar dous en especial: Educaplay e Moovly.

Ambas son páxinas para crear actividades multimedia. Educaplay permíteche crear vídeos, presentacións, crucigramas, adiviñas, etc. Nesa plataforma fixen a miña primeira actividade, un videoquiz sobre a materia e as súas propiedades. Moovly permíteche crear vídeos e ofrécenos unha variedade moi amplia de imaxes, sonidos e vídeos. Nesta plataforma fixen a miña segunda actividade sobre o ciclo da auga.

Con ambas as plataformas tiven algún problemiña que outro para crear as actividades, pero espero que con práctica me sexa máis fácil manexarme con elas.

Na publicación grupal amosarémosvos os recursos audiovisuais que fixemos e esperamos que vos gusten.

Un saúdo!

jueves, 1 de marzo de 2018

Educaplay

Moi boas!

Esta semana estivemos revisando algunhas ferramentas TIC que posteriormente utilizamos para a elaboración das nosas propias actividades ou recursos audiovisuais.

Unha das ferramentas suxeridas foi Educaplay, unha web que permite crear moitas actividades educativas multimedia: dende crucigramas e sopas de letras ata adiviñanzas e presentacións.

Nesta web foi onde creei o meu Videoquiz sobre a alimentación e a fotosíntese das plantas, que incluiremos nunha das próximas entradas. Esta actividade consiste en engadir unha serie de preguntas ao vídeo de YouTube que ti elixas no momento que desexes. É moi interesante e últil porque é unha forma de saber se o alumnado está a comprender o vídeo, así como se está a prestar atención.

A outra páxina web que empreguei para a elaboración do segundo recurso multimedia foi Canva que, ainda que non está entre as ferramentas suxeridas, considero importante mencionala. As razón polas que escollín esta ferramenta non suxerida foi que é moi fácil de empregar, ten debuxos moi simples pero bonitos (ainda que a maioría son de pago) e porque permite empregar imaxes de rede. Nesta páxina creei o meu cómic sobre os animais vertebrados. 

Que pasedes unha boa fin de semana.
Adeus!

Reflexión final

Ola! A piques de rematar o segundo cuadrimestre e comezar os exames que lle seguen, toca avaliar o desenvolvemento do curso e en concre...